COMPOSITORES GALEGOS NAS RÚAS DA CIDADE. León Durán

Hoxe falerei do compositor probablemente máis apreciado de toda a nosa historia: Xoan Montes (Juan Hermenegildo Montes Capón, nome completo). Este compositor escribiu  a, probablemente, obra máis coñecida de toda a música galega: Negra sombra.
Montes nace o 13 de Abril de 1840 e morre o 24 de Xunio de 1899 en Lugo.
 Tivo unha formación musical e eclesiástica. Montes tivo que deixar a formación musical académica e tivo que continuala dunha forma autodidacta, lendo tratados de composición e harmonía. Montes morre a noite do 23 ao 24 de Xunio a causa dunha hemorragia cerebral.
Na composición de Montes encontramos dúas grandes parcelas: A música sacra e a música popular. Só escribiu unha obra para música escénica, "Entre Gente de Manteo". Na parcela da música sacra destacan as obras:

  • Satabat Mater
  • Misa de réquiem
  • Marcha fúnebre
Na música popular podemos apreciar:
  • Pasodoble sobre aires populares galegos
  • Fantasía para orquestra
  • Seis baladas galegas
Montes tamén desenvolveu un  gran labor como instrumentista, pois tocou o piano no Círculo das artes e o órgano na catedral de Lugo, e un  labor docente, pois foi durante moitos anos profesor particular de xente da burguesía.