UNHA VOLTIÑA POR VIVEIRO



En Xullo celébrase en Viveiro unha enorme festa sobre os xogos populares. Eu insistín ao meu pai durante unha semana entera, e ao final o conseguín. A verdade é que o pasei xenial e pasáronme cousas bastante curiosas e divertidas, déixovos en paz e  comézovos a contar a historia.


O traxecto ata Viveiro dura aproximandamente unha hora e media, pero agardar tanto, valíu a pena. Cando entramos ao recinto a única cosa que viron os meus ollos era diversión, en todos os rincóns que mirara había festa, menos un neno que mancou un pé cun banco. Non parei de preguntar ao meu pai en toda a visita, cada vez lle gustaba menos que preguntase, pero por facer rabiar un pouco, pago o que sexa. Eu son así, e calquera amigo meu pódelo confirmar.

A meirande dos xogos non os coñecía para nada, pero logo habia os máis típicos coma o xadrez, a buxaina, o tiracroios.a pita cega... Se mirabas un instante ao ceo, quedabas pasmando, aquela exhibición de papaventos era incrible.
Entramos a moitas das casetas que había por alí,e cando escoitara o refrán:"erra máis ca unha escopeta de feira" non sabía que era tan verdadeiro (prefiro pensar que a escopeta é coma a do refrán a que a miña puntería é equivalente á dunha persoa con Parkinson), ao meu pai facíalle moita graza que fallara os tiros aínda que pagaba el... El saberá jejeje.

Sorprendeume cando ao chegar a unha das partes cos xogos máis antigos,o meu pai baixou o ritmo,e púxose a mirar en todas as cabañas ou casetas que atopou no sou camiño. Eu preguntábame que andaba a buscar,así que soltei a miña dúbida,e díxome que cando era pequeno,xogaba moito cos seus amigos á chave, vale chamarme presumido, avisad@ estás. Literalmente rendíronse unhas 3 veces por non atoparme. BASTA DE BAÑO DE EGO POR HOXE ALEJANDRO.

E pouco máis que contar... se  queres saber máis prema na imaxe final