Benvido a Paris


Saín do aeroporto co alento crebado, a miña maleta pesaba moito. Fora había moita xente traxeada, acerqueime a un taxi, o home que ía a conducir parecía enfadado e tiña unha voz irritante. A sorte que tiña era que sabía falar español.
Contoume que lle surxira unha urxencia na casa e que ía levarme a o hotel e marchar correndo a súa casa. O que ningún dos dous esperaba era ver ese caos na cidade. Según marcaban uns carteis houbera un accidente quince minutos atrás. O taxista bateu con vehemencia a bocina do coche. Aparte diso era última hora da tarde que é cando a xente sae dos seus traballos. Os dous tiñamos présa por razóns distintas pero présa ao fin e ao cabo.
O taxista deu un toque rabioso na bugina e como por arte de maxia o lento fluír do tráfico vólveuse rápido, os dous estabamos ilusionados.  E comezou a acelerar, un abrallo de angustia apertoume o estómago. O cochce ruxía a cento sesenta. Isto era unha temeridade! O traxecto ata o hotel foi en total tensión. O coche freou diante do hotel cun chirlo de pneumáticos, e nerviosa abrín a porta. Estaba angustiada e chea de cólera. Ao taxista abordeino iracundo polas costas, pagueille o que lle debía e con pasos longos intentei avanzar o máis rápido posible no desesperada afán de apartarme daquel tolo taxista.