ANDREA CASTRO

                                        BENVIDA A AZERBAIJAN!


Gustábame a idea de viaxar a un sitio novo para poder coñecer unha nova cultura e unha nova lingua. Ainda que tamén estaba angustiada polo que podería acontecer. Pois non era un bo momento para viaxar a un sitio coma este.
Collín as maletas con présa, e chamei a un taxi. O taxista non entendía ni unha palabra do que eu lle dicía. Estaba nerviosa, non atopaba a maneira de falar con el! A media mañá, eu intentaba aínda dicirlle onde quería ir. De súpeto, ó lonxe, empezaron a soar un ruído similar a explosións. O taxista non paraba de berrar. Con tensión, pechei a porta e abrochei o cinto. O vehículo ruxía a cento sesenta, co chirlo de pneumáticos de banda sonora...