Estefania Brandariz-Festa Dos Xogos Populares

Festa Dos Xogos Populares
Os días 3,4 e 5 de setembro no parque da Herradura en Santiago de Compostela celebrouse a 14ª edición dos xogos populares. Esta festa levase acabo para que os nenos dos siglo XXI aprendan cales eran os xogos os cales os seus avós e pais xogaban de pequenos.
Eu fun coa miña familia, meus avós, tíos e a miña nai. O primeiro que vimos foi unha exposición de papaventos, expoñíanos dos mais antigos aos mais novos. A dicir verdade non cambiaron bastante, pero iso si, habíaos ben bonitos. Seguimos camiñando e atopamos a chave, onde uns velliños moi áxiles ensinaban aos mais pequenos como se xogaba. A min este xogo non me gustou, por iso mentres meu avó participaba nunha,, fun coa miña tía a rá. Este xogo e bastante entretido e non te podes distraer se non, non acertas nin a de tres.
Pasado uns 15 minutos, chegou o resto da miña familia e iso significaba que debiamos continuar co percorrido. Chegamos ao outro lado do parque onde encontrábanse os xogos da mariola, buxaina, xadrez, pilla-pillola e o brile, destes soamente xoguei ao brile. Iamos a irnos cando unha amiga miña veume e veu a xunta miña a ver se quería xogar ao xadrez. Eu non sabia xogar pero díxome que ia ensinarme... quedei igual que o principio, sen saber xogar.
En resumen este dia foi de dez, coñecín novos xogos populares e a persoas maiores que aínda dos seus anos son moi áxiles e que tamén contaban historias moi entretidas e bonitas de cando eles eran pequenos. Sen duda xa estou desexando que chegue o ano que ven para volver vir.