BENVIDO A NOVA YORK!

                                             
O avión sobrevoaba a cidade dos rañaceos, Nova York, o meu destino. Baixei do avión ás présas aínda que entusiasmado e collín as maletas rapidamente. Corrín na procura dun taxi para percorrer o traxecto que me separaba dun famoso hotel situado na Quinta Avenida, onde quedara cun compañeiro e amigo chamado Isaac. Sorprendentemente cheguei eu primeiro e deixei o equipaxe, despois baixei e agardei a Isaac no hall do hotel.
30 minutos despois, chego ó hotel e boteille unha boa bronca. Xa nin podía coa miña alma e fumos durmir para estar descansados e ir mañá á Estatua da Liberdade a comer e sacar unhas fotos. Espertei coa silueta do Empire State a través da fiestra. Preparei o noso almorzo para tomalo alí e mais a cámara, foi un día xenial.
No último día decidimos ir visitar os lugares máis emblemáticos da cidade: Wall Street, a Ponte de Brooklyn ou o Central Park. Gustoume este último porque era un zoo con moitas especies de animais exoticas. Por último, montamos unha festa e invitamos a todos os hóspedes do hotel.
Só queremos darlle as grazas a Pepa, a nosa pofe de galego por pagarnos estas marabillosas vacacións.
GRAZAS :)