O señor Darío Arpillera vai cear coa súa muller, Matilde Pi -Strauss. Ao rematar volven a súa casa onde é disparado por uns ladróns.
Perlita, a criada, estaba na casa e pensaba que os ruidos eran dos seus señores.
Na comisaría Sarrià-Sant fálase do asasinato, que van a investigar Wendy Aguilar e Roger Dueso.
Cando están na investiga Wendy ve a unha nena chamada Mon, observando entre os colectores de lixo.
Faille unas cantas preguntas e a nena cóntalle todo o que aconteceu nese día, Mon era a peza clave dos ladróns, chamados: o Galiña, o Trampás e o xefe, o Garrao, os tres son moi agresivos , ameazadores ,punxentes...
Antonia é a nai de Mon e ela non se pode separar do Garrao porque se non mátanlle a ela e a súa filla.
Wendy e Roger seguen investigando, pero
Roger anda nos biosbardos por culpa da policía Andrea Pascual, que ten un
cabelo louro e recollido, unha ollada serea, unha plena intelixencia, boca
firme, seria e viste moi elegante.
Jaume, que está no grupo de homicidios, vai a axudalos un pouco.
Agora que Wendy sabe todo, a perseguen e ráptanas na calle Augusta
a ela e máis a Mon.
A Wendy intentan matala enganchándolle unha máquina ao pé e
tirándolle ao fondo do mar. Ela ao ser tan flexible chega a agarrarse a unha
pedra que lle axuda a sobrevivir, ela tiña moito medo porque como lle dixera
unha vidente á que non lle pagara "morrerás aos 23 anos" estaba aterrorizada.
Cando logra saír do auga dille Wendy a Roger que chame á base, que
xa sabe quen foi.
Mon está co Garrao, e dille que tragou o
ollo de Deus e a leva a parte alta da cidade xunto Marc Asín, o coleccionista,
que foi o que encargou aos ladróns o ollo de Deus.
Nese momento van Wendy e Roger a comprobar
onde se gardaba. Resulta que debía de estar na cámara segreda onde se gardaban
obxetos de mazóns e nazis.
Toda a información dese ollo de Deus que tiña Darío Arpillera,
saíu da criada rusa, Tatiana, que tiveran e a botaran por motivo de que pensaban
que roubaba cousas.
Agora os ladróns están detidos e Mon dille a Wendy que non había
tragado o ollo de Deus.
SE QUERES SABER MÁIS INFORMACIÓN DESTE LIBRO PREME AQUÍ
Recoméndolo xa que ten moitas aventuras e misterios interesantes
Paula García Esmorís
Paula García Esmorís
