Asústate Merche! ////// Cynthia Rodriguez


Asústate Merche é unha novela que trata sobre Auria, unha nena de 15 anos que, a partir dunha esquela dun xornal, descobre unha terrible verdade que a empuxa cara o suicidio...

Esta historia mestura  un presente no que Auria quere suicidarse e un pasado no que conta como chegou ata esa situación. Ese pasado está relatado no diario de Auria ao que ela chama Merche.

Esta historia transcorre nalgúns lugares da vila onde vive Auria.

E nas cidades que visitan durante a viaxe: Barcelona,París,Viena,Bélxica, BruxelasBruxas, Berlín,Praga, Salzburgo e Polonia (onde "ven" ao Papa)

Esta historia ten diversos persoaxes que participan de distinta maneira na historia e fan que ocorran uns feitos claves na vida de Auria.

Se che gustan os libros de misterio, intriga e un chisquiño de amor recomendote este libro que te mantendrá en vilo ata o final.

A autora deste libro é Fina Casalderrey naceu en Xeve(Pontevedra) o 11 de agosto de 1951.

Entre as súas obras encóntranse: 
Cuca e o abrigo marrón (1998, narrativa xuvenil). 
Nolo e os ladróns de leña (1998, S. M., narrativa infantil). 
¡Puag, que noxo! (1998, Galaxia, narrativa infantil). 
¿Sobrevives? (1998, Xerais, novela xuvenil).

Gañou diversos premios, entre eles:

Premio Merlín no 1991, por Dúas bágoas por Máquina.
Premio de narración breve Casa de Galicia de León no 1993, por A rosquilleira.
 Premio O Barco de Vapor no 1994, por O misterio dos fillos de Lúa.