Ola! Fai moito que non che escribo! A última vez foi... ao comezo do curso! Pero se de iso xa pasaron 9 meses! Pois comezarei a contarche o que me pasou neste ano académico, por decilo de maneira fina...
No 2º "round", aínda co pastel de Nadal na boca, volta outra vez, sen gana ningunha, ó instituto (Isto de comezar cursos e trimestres non se me da ben). Todos fixemos candanseus propósitos para o trimestre, sobre todo os que suspenderan. Moitos os cumpriron, pero outros non, xa saberán eles o que fan (Parezo Risto coas críticas xD). Ao principio deste trimestre tamén pasou unha cousa moi divertida, e é que fomos á neve! Pasámolo moi ben a pesar das caídas (Falo das miñas, polo menos) e quedamos con ganas de repetir! Esta excursión descentrounos un pouco, pero demos recuperado o ritmo de contado. Pola miña parte, comezaramos as representacións teatrias de grecolatino, cun éxito notable (Ben! :D) Saquei mellores notas desta vez, aínda que era máis difícil. Íamos comezar a última volta, que era a definitiva, en breves, así que tíñamos que estar preparados.
Por fin! Despois dunhas curtas vacacións de Semana Santa, comezábamos o último trimestre! Iso non quere dicir que o empezara con máis ganas ca os anteriores, pero sí estaba máis animada. Iso sí, o curso púxose difícil de verdade, sobre todo en C. Naturales, con física, que non entendía nin papa (Aaaah!!!) O resto de asignaturas, bastante ben, xa rematando teatro, pero o ano que ven máis e mellor! Canta máis xente haxa, maís divertido é! (Hai que facer algo de publicidade)