Ola, parece mentira, pero xa levamos nove meses xuntos.
A miña chegada ao instituto este curso foi moito mellor que o ano pasado, xa que como saberás, coñecín moita máis xente. Tiña como propósito, con respecto o primeiro curso, consegui-las mellores notas e aprender moitas cousas. Eses obxetivos acadeinos, pero pouco a pouco vánme poñendo máis sinaturas, e distintos profesores, co cal as cousas vanse complicando. A primeira evaluación? Non estivo tan mal... ¡Aprobei todo!
Como afrontei a segunda etapa do curso? Pois debo dicir, que mellor do que esperaba, aínda que teño que recoñecer que houbo momentos nos que a miña inquietude era tal, que vinme nun túnel sen saída, pero hai quen di que ao final existe unha luz, e debe ser certo, pois eu atopeina.
O mellor de todo? A excursión a Xaca! Estivemos durante unha semana aprendendo a esquiar, coñecimos a estación de Canfranc e fumos a fronteira con Francia. Unha mañá veu ao instituto o escritor galego Xabier Docampo, autor, entre outras cousas, do libro `O Misterio das badaladas´, e contounos a súa infancia e experiencias.
Para rematar, este último trimestre, que dende o meu punto de vista e o máis difícil, no que en puco tempo facémo-los últimos exames. Xogamos a final da liga interna de fútbol e máis de voleibol, na que xogaron a metade da nosa clase contra a outra metade, sen olvidarnos da subida a primeira división moi merecida do DEPORTIVO DA CORUÑA. Por fin xa queda pouco para o ansiado verán no que aproveitarei ao máximo para disfrutar do bo tempo, e recargar as pilas para o próximo curso.
Un saúdo
Alejandro Cedeira