Aínda non sei se quitamos o pañal da nosa cabeza.













Ola Ana, ! Canto tempo, como che foi ao longo do curso ? Espero que ben. A min ... o primeiro trimestre pasouseme moi lento, xa que houbo cambios e baixas de algúns profesores, e coas notas e cos exames era todo un caos. Desde o primeiro momento a miña espectativa era aprovar todo, pero ainda asi unha vez mais non houbo sorte, xa que os exames eran complicados eh...Co conto, quedáronme tres, cando cheguei a casa pouco faltou para que me votaran dela.

O segundo trimestre pasoume como o aire, e todo grazas a unha excursión que fixemos a Jaca, para esquiar nos Pireneos, ata vimos a fronteira con Francia. Iso foi o que nos fixo olvidar un pouco todo o rebumbio que tiñamos na clase e na casa, pero claro, despois cando chegamos, outra vez ás andadas. Perdéramos un pouco de imformación de cada materia, iso fixo a complicación dos exames e os suspensos, por iso mesmo quedoume unha, GALEGO. Todos os profes nos din que somos a peor clase de todo o insituto, que non prestamos atención, que somos moi faladores e que aínda non quitamos o pañal da cabeza (non lle quito razón ningunha), pero que algúns temos un bó nivel académico, e empezan a compararnos cos demais cursos, e non hai cousa que odie tanto, como COMPARAR.

Por rematar, despídome contándoche cousas sobre o terceiro trimestre. Creo que prestamos máis antención que antes, que sabemos moitas cousas máis, grazas a todas as charlas que nos viñeron dar, e tamén grazas aos profes por aguantarnos, porque hai veces que non sei como facedes para non mandar todo a "tomar vento". En canto ás notas deste último, definitivo e importante trimestre creo que en principio sei que teño a maioría aprovadas, pero aínda me falta por saber Galego e Cidadanía, quero que aprovalas para ter o verán libre, e non estar na casa estudando ...

PD : Aínda non sei se quitamos o pañal da nosa cabeza.


ATT : A túa amiga da Coruña , Marta. Bicos.