O primeiro día de clase estabas moi nervioso pero pouco a pouco che fuches adaptando á situación.
No primeiro trimestre suspendiches tres materias, debido a que te incorporaches a metade do trimestre.
No segundo trimestre fuches á Domus e á ópera, divertícheste mucho,empezaste a usar os portátiles que trouxeron e tamén viches moitas películas como o Gran Torino ou Million Dollar Baby, esas películas te ensinaron a que nunca hai que discriminar os inmigrantes nin baixar a garda en ningún momento, estar sempre atento. Neste trimestre non suspendiches ningunha. Tamén no segundo trimestre en educación física xogaches moito ao volleyball.
No terceiro trimestre as cousas marcharon moi ben veu un adestrador do teu equipo de rugby a ensinar o deporte. No terceiro tamén fixeches un lipdub en francés. Tamén do que aínda che acordarás é que neste ano o Deportivo da Coruña ascendeu primeira división e foron moitas as celebracións, no estadio de Riazor, en catro camiños e en María Pita. descubriches que no mundo se falan ao redor de 6600 linguas. Divertícheste moito facendo o teu proxecto de tecnoloxía e tamén fixeches as probas de diagnóstico.
Resumindo este ano foi moi divertido, fixeches novas amizades, foi crecendo cara a arriba, pero tamén botaches moito de menos Valencia. Aínda non se ben as notas do terceiro trimestre, pero a cousa pinta ben.