Manuel Lugrís Freire naceu en Sada (1863), e con vinte anos emigrou a Cuba. Na Habana foi elixido membro da xunta directiva do Centro Galego e fundou o primero xornal americano redixido ao galego. Alí tamén publicou o seu primeiro poemario "Soidades" que, en 1894 foi prologado por Curros Enríquez. En 1896 volveu a Galicia, instalouse na Coruña e editou a novela "Noitebras" en 1901.
Lugrís figurou entre os patrocinadores da Escola Rexional de Declarión,da que foi presidente en 1903. Tras a presentación da Escola cunha peza de Salinas, os espectáculos contaron con títulos da súa autoría:A Ponte ( 1903), Minia (1904) e Mareiras ( 1904). Alén de figurar como o primeiro escritor teatral en utilizar a prosa.
En 1923 ingresou no Seminario de Estudos Galegos cun discurso sobre Pondal. A Real Academía nomeuno presidente en 1934, posto ao que tivo que renunciar máis tarde por problemas de saúde.Manuel Lugrís Freire morreu na Coruña en 1940.