Naceu en Vilafranca do Bierzo, o día 9 de marzo do ano 1695. Aos catro mesestrasládase a Pontevedra coa súa familia. O 3 de maio de 1710 marcha cara Madrid ingresando na orde Benedictina. Aos 35 anos reapareceu nel unha grande interese polas linguas especialmente polas románicas, sobre todo polo castelán e o galego. Ao contrario que o seu mestre Feijoo, Sarmiento entendeu que era necesario coñecer, recuperar e salvagardar as tradicións e a cultura popular. Morreu no convento de San Martín en Madrid o 7 de decembro de 1772.
Foi un home adiantado ao seu tempo e se lle dedicou o día das letras galegas no ano 2002.