O GALEGUISTA OURENSÁN

Xaquín Lorenzo Fernández, "Xocas" naceu en Ourense no ano 1907, estudou nas Universidades de Zaragoza e de Santiago no campo da historia, arqueoloxía e a etnografía. Publicou os libros "Etnografía.Cultura material" e tamén "Cantigueiro popular da Limia baixa" e moitos máis.
Entrou na Real Academia Galega e recibiu unha encomenda de Afonso X.
Máis tarde atopou unhos restos castrexos e entrou no Seminario de Estudos Galegos como conselleiro.
Participou no Partido Nazonalista Repubricán xunto con Otero Pedrayo e "Cuevillas", gañou o Pedrón de Ouro e foi nomeado fillo predilecto da provincia ourensá.
Outorgáronlle  moitos premios nacionais e extranxeiros como, formar parte da Real Academia da Historia  e un posto de honor no "Museo del Pueblo Español de Madrid" e pasou a ser un membro da "Associaçao dos Arqueólogos Portugueses".
Ao final morreu no ano 1989 na súa casa de Lobeira e a Xunta de Galicia concedeulle a medalla Castelao polo seu traballo en vida.