O mel é un produto que conta con importantes atributos naturais, que non necesita de tratamentos para ser mellorado e que é, sen dúbida, un dos alimentos máis completos do cal a sociedade actual conta para enriquecer a dieta diaria.

As abellas e o mel acompañaron o home ao longo da historia. Estableceuse que a súa aparición na terra data do período terciario, fai aproximadamente sesenta millóns de anos. Numerosos exemplos poden atoparse nas distintas culturas:

Nunha tumba exipcia construída hai 3.000 anos atopouse unha vasilla con mel en perfectas condicións. Ese mel levaba 30 séculos e aínda estaba fresco e comestible. En baixo relevos exipcios represéntase un apicultor colleitando mel das colmeas.

Outro exemplo áchase no Corán onde se aconsella: ¨come mel fillo meu porque non soamente é agradable e san alimento senón que é tamén un remedio contra non poucas enfermidades¨.

Alejandro Magno, logo da súa morte, foi trasladado de Babilonia a Macedonia nun recipiente cheo de mel e o cadáver conservouse intacto.

Na antiga Grecia o brillante médico Hipócrates consideraba o mel como unha maxistral medicación fortificante e dador de longa vida. Aristóteles recomendaba o mel para controlar distintas afeccións.

Na América precolombina considerábase o mel como o alimento do lume, outorgándolle a capacidade de fornecer calor e enerxía para o ser humano.