As galletas de manteiga xurdiron antigamente para acompañar o café e o té. Por outro lado, este tipo de galletas son un dos doces preferidos dos máis pequenos xa que ademais de ricas son moi sinxelas e divertidas de elaborar. 
Ingredientes para catro persoas: - Manteiga: 125 gramos. - Azucre: 50 gramos - Fariña: 170 gramos. Preparación:
Tempo estimado: 30 minutos.
Nun cunca grande ponse a fariña, o azucre e a manteiga.
Coas mans ben limpas mestúrase todo moi ben ata obter unha masa homoxénea e consistente. Ao principio non parece que teña que callar debido á gran cantidade de fariña, pero tras traballar a masa durante un momento vai adquirindo forma e consistencia.
Unha vez que a masa está lista divídese en partes iguais e dáselles a forma desexada procurando que cada galleta teña un grosor aproximado de medio centímetro.
A continuación colócase cada galleta coidadosamente nunha bandexa previamente enfariñada.
Ponse a bandexa no forno e cócense durante 15 minutos a unha temperatura de 180º.
No momento en que as galletas empezan a quedar torradas retíranse do forno e déixanse arrefriar. Unha vez arrefriadas pódense sacar da bandexa e xa están listas para probalas.
Estas galletas pódense modificar engadindo unha cullerada de cacao, froitos secos ou canela na mestura da masa dándolle un sabor único e característico.



As galletas son alimentos de gran valor enerxético debido ao seu alto contido en hidratos de carbono e graxas. Achegan unha media de 450 calorías por cada 100 g, polo que son un complemento axeitado de almorzos, xantares e merendas, tendo en conta a cantidade de consumo. A súa inxesta resulta axeitada como achega enerxética extra en situacións de desgaste físico que así o requiran. Cando se escolle entre as versións lixeiras é importante fixarse na orixe das calorías. Pódese comprobar que hai galletas lixeiras que reducen as calorías a expensas da graxa e non obstante manteñen a cantidade de azucres, e outras en que tanto a achega de azucres como a de graxas é menor. Estes datos son importantes especialmente para os que teñen que coidar a achega de graxa ou azucres na súa dieta, como na caso de diabetes, hipercolesterolemia, obesidade, etc. De calquera xeito, hai que ter un conta que para notar unha diferenza significativa de inxesta de calorías habería que tomar unhas 12 galletas, é dicir, 100 gramos deste alimento, unha cantidade nada aconsellable.