Benvido a Italia-Carolina Núñez Tasende


                                   Benvido a Italia:


        Baixei do avión con présa, fun correndo a polas maletas, quedara coa miña curmá ás  sete, e xa que o voo retarasárase unha hora, eran as seis e media. Co alento crebado pola carreira, subín ao autobús, aplastada entre tanta xente con maletas. O buseiro deu un toque rabioso da buguina, a estrada era un caos.
Cun abrollo de angustia que me apertou o estómago, chamei a niña curmá e díxenlle que non ía chegar, que era mellor quedar mañá para xantar. Cuando o bus parou preto de meu hotel, baixei do vehículo con tanta vehemencia que tropecei, recollín as maletas e continuei o meu camiño coa misma temeridade coa que baixei do autobús e botei a correr ata a entrada do meu hotel. Entrei na miña habitación tirei as maletas de calqueira maneira ao chan e tireime na cama, a dormir, así, tal cual, sen poder o pixama nin quitar os zapatos.
                Ao día seguinte, pola mañá, esperteime temprano, con toda a tranquilidade do mundo, e baixei a almorzar algo, unha vez rematei, volvín a miña habitación, a desfacer as maletas. Ás doce, saín do hotel para coller un taxi e reunirme coa miña curmá, co lento fluír do tráfico a media mañá, cheguei xustita xustita á unha e media, alí estaba, Sara, canto tempo levaba sen vela, escolleu o sea restaurante de pizza favorito, no cal facían a pizza cunha masa finísima, e contoume que, despois, íamos ir a Venecia.
                E así foi, ás 16h marchamos para Venecia, dúas horas de traxecto que valeron a pena, montámos nunca góndola, si, as famosas barquiñas das fotos que aparecen no Google cando buscas imaxes de Venecia. Ás oito, volvimos, dispostas a celebrar a ultima noche que ía pasar en Italia, ata o ano que ven, no cal, en vez de ir a Venecia, iremos a Pisa.