Estas vacacións foron xeniais. Fun á miña querida terra: Barcelona. Alí residía na casa do mellor amigo de meu pai. Chámase Jorge. Tamén estaban a súa muller e os seus fillos. Xa os coñecía porque os vira fai seis anos. Eles viven en Sant Pere de Rives, un pobo preto de Sitges; pero aínda así, fun a L´hospitalete que é onde eu vivía e onde vive moita familia miña que fun ver. Paseino increíble o día que fun á Ciutat Esportiva Dani Jarque. É o campo de adestramento do meu equipo de fútbol: RCD Espanyol. Alí fun dúas veces xa que Tommy N´Konno (adestrador de porteiro, exporteiro do Espanyol, mellor porteiro Camerunés e amigo meu dende fai seis anos), fíxome prometerlle, a primeira vez que fun, que volvería alí a despedirme. E así fixen.
O primeiro día que fun, era adestramento a porta aberta pero, por cuestións dun partido, foi a porta pechada. Aínda así, coñecín ós xogadores, fíxenme fotos con eles e conseguín que me firmaran unha bandeira dunha peña súa de fai anos. Despois, charlei un rato con Sergio (ó adestrador). Ó final,fun tomar unhas coca-colas cn Tommy e con un novo porteiro que adestra él. E tamén coñecín a un novo fichaxe filial do Real Madrid que facía o segúndo día co RCDE: Lucas Vázquez.
O outro día que fun, foi a porta aberta e vinos xogar. Era impresionante!! Tamén estiven con algúns xogadores e con N´Konno que me levou nmo seu cochazo (Lexux alta gama novo modelo), a pillar un bus para ir á casa de Jorge. Foron unhas vacacións movidas e increíbles pero o mellor foi gañar o ``Trofeu Ciutat de Barcelona´´ no melllor estadio do mundo: O POWER 8.
Vacacións. Chemi Esteban 2A
REORGANIZAR OS PARÁGRAFOS. ENGADIR IMAXES