Este verán estiven na miña aldea, onde viven a miña bisavoa coa miña tía avoa. Nos veráns van alí os meus curmáns, e cando van eles vou eu e mais a miña nai a pasar unha semana.
Sempre que estou alí xogo cos meus curmáns (de 14 e 9 anos) ao fútbol e algunhas veces tamén cos veciños e sempre perdemos. Logo na casa ceamos e pola noite xogamos ao escondite cun foco.
Nesa noite os meus primos e mais eu xogamos ao escondite cos veciños e estiveron a punto de collernos pero rapidamente tirámonos enrima da herba e non nos viron. Un tempo despois corrimos moito e gañamos.
E logo cando pasou unha semana funme. Pasado un tempo os meus tíos invitáronme a outra aldea que ten piscina, e xa que tiña piscina non fun á praia. Aquí tamén celebrei o San Xoán e paseino moi ben !!!!
| O que me perdín este verán. |