A NOITE QUE WENDY APRENDEU A VOAR

Añadir leyenda
EN CONSTRUCIÓN





Esta historia trata dun asasinato que sucede a noite que Darío Arpillera e a súa muller: Matilde Pi- Strauss saen da casa para ir a unha cea.
Á volta saen do coche e Darío Arpillera é disparado por uns ladróns que había na súa casa.
A criada, Perlita, estaba na casa pero pensaba que o ruido era dos seus donos.
A policía, falou do asasinato na comisaría de Sarrià-Sant e dixeron que o ían investigar Wendy Aguilar e Roger Dueso. 
Cando estaban na casa do morto, Wendy encontrou a unha nena observando entre os colectores de lixo e comezou a perseguila. Cando logra collela faille preguntas.
Esa nena chámase Mon ,e ela era a peza clave deses ladróns,chamados: o galiña, que ten unha camiseta sen mangas, tatuaxes, musculatura e os ollos negros;o Trampás, cunha camiseta de piratas, e el tan magro e cuns ollos que parecían inxectados de sangue. Os dous son morenos e fortes e son punxentes, agresivos, ameazadores...
O Garrao é o xefe e tamén o padrasto de Mon. Antonia é a nai de Mon e ela non se pode separar do Garrao porque se non matanlle a ela e a súa filla.
Wendy e Roger seguen investigando, pero Roger anda nos biosbardos por culpa desa Andrea Pascual, que ten un cabelo louro e recollido, unha ollada serea, unha plena intelixencia, boca firme, seria e viste moi elegante.
Jaume, que está no grupo de homicidios, vai a axudalos un pouco.
Descubren que Marc Asín, un coleccionista, foi o que encargou aos ladróns unha peza moi cara chamada o ollo de Deus. Nese momento van Wendy e Roger a comprobar onde se gardaba.