O outro día vín nun cartel que se celebraban os xogos populares na aldea de Carral, o 15 de Agosto. Toda a xente de alí, ese día, foi divertirse coas súas familias ou cos seus amigos. Eu fun coa miña familia.
Cando cheguei a alí encontreime co moitísima xente e con moitas actividades. Primeiro fun a chave co meu pai, como non sabía xogar explicoume o monitor que había que lanzar un peto e había que darlle a chave para ganar, o meu pai era un ás pero eu era moi má.
Cando fun a caseta do xadrez vencín ao meu pai dúas veces. Despois fun xogar a pita-cega coa miña nai e tocoume ser a pita e paseino moi má. Chegaron ás 2:00 h e fomos comer a un bar que había ao lado da festa sorprendeume o nome do bar chamábase: "bar Simpson". Que extraño? pensei eu como pódese chamar un bar igual que neno da serie dos "Simpson"!
Cando terminamos de comer volvimos as festas e tocoume ir a os papaventos, porque miña nai comproume un e fun a voalo, resistiame no aire moito tempo. Cando deron ás 20:00 h vovimos a casa e nada mas entrar tireime no sofá porque viña cansadísimo e pensei: "ese día non o vou olvidar".