IMAXE, PORFA E ENLACES (Feito)

FESTA DOS XOGOS POPULARES
O Concello de A Coruña realizou a primeira edición desta festa nos arredores do Espacio Coruña.
Como obxectivos, revivir infancia, diversión, e que non os estranxeiros e a xente urbana que non se move de casa as coñezan.

Ía moita calor; comecei a dar un paseo cara a zona dos xogos, xunto cos meus tíos e curmáns. Chegamos ata a zona da mariola, da que pasei sen apenas vela porque non me gustou.

Despois dun rato camiñando, cheguei por fin á caseta do tiracroicos, onde quería xogar unha partida para gañar un premio. O xogo consistía en derribar un papaventos polo menos dos cinco que alí había para poder optar ó premio. O certo é que tiven bastante sorte e conseguín tirar tres, gañando, aínda así, o segundo premio: Un vale para unha pizza familiar gratis.

Logo doutra camiñata., cheguei a unha zona onde había uns nenos xogando á pita-cega e outros xogando ás agachadas. O certo é que pasei polo medio axiña para non me tropezar con ningún pequerrecho dos cales estaban alí xogando, xa que se podía facer moito dano.

Xa de noite, mentres xogaba outra partida ó tiracroios, escoitouse un aviso por megafonía dicindo que a edición de este ano se pechaba cun torneo de billarda e mais outro de xadrez.


A verdade é que foi moi divertido e espero repetilo o ano que vén!