XOÁN, QUERÉMOSTE.

Querido Xoan:


Botámoste moito de menos, no recreo cando estou na estufa da entrada con Iván faiseme moi raro non verte pasar e saudarte como facíamos sempre.
Acordome daque día que tocara galego xusto antes do recreo e cando tocou o timbre eu pregunteille a Iván setiña diñeiro para ir a cafetería e díxome que non, ti viñeches onde min, dechesme un euro e dixeches: "Toma, para que te compres algo", e logo resultou que tardei uns dous meses en devolvercheo, pero iso é outra historia.
Ti sempre foches moi xeneroso, e sobre todo moi simpático.

O certo é que se nota moito a túa ausencia, sobre todo se nota en Pepa, que está máis perdida que un pulpo nun garaxe. Ay, Pepa, Pepa.

Recordo cando ía a 1º e moitos compañeiros meus falaban de ti e do amable que eras, e a verdade é que sempre te vin feliz, e sobre todo seguro de ti mesmo.
Quizais foi por iso, pola túa boa fama e o teu aura tranquilizadora, que cando cheguei a 2º e me enterei de que ti ías ser o meu profesor de galego e ademáis o meu segundo titor, non sentir esa inseguridade que acostumo ter cando me toca ter clase cun profesor que non coñezo, e é que ti sempre foches dese tip de profesores, e sobre todo de persoas, na que se pode confiar, por que sabes que si necesitas axuda ou consello en algo sempre vai a estar aí e facer o que poida por ti.

E bo, diríache que me alegro da túa xubilación, pero non me gusta mentir. Pero si che direi que me alegro de que agora poidas disfrutar da túa xuventude, por que ti estás na flor da vida. E xa sabes que si te sentes descolocado podes volver cando queiras.

Con moito cariño,

                                                                                        Sarah.