Esperamos as túas visitas ao centro



Xoan,escriboche esta carta para recordarche que ti fuches o que me ensinou a comportarme como un neno responsable e "maior". A túa ausenza no instituto nótase, posto que eras un profesor moi destacado no centro.
Ensináchesme, ademais, moitas cousas que non tiña ben claras da lingua galega. O baile contigo e Pepa estivo moi ben, pareceume moi divertido.
A min só me deches clase este curso pero só con estes sete meses contigo xa me din conta da boa persoa que es, aínda que tiveras enfados, que é normal pero iso non impide que foras un dos mellores profesores do instituto.
Por outro lado estamos felices de que podas descansar sen estes rapaces te estean "minando" a cabeza, he, he.
Quero darche as grazas por todo o que fixeches por nós e dicirche que sempre estarás nos nosos corazóns. Pero non quedes triste, quedounos Pepa!

Un abrazo e cóidate moito, do teu amigo:

Isaac Lendoiro Loureiro.