O ENTROIDO

O entroido é unha festa moi coñecida no mundo.
É moi divertida porque a xente se disfraza e van 
facendo trasnadas ou asustando pero o pasas
ben.A palabra "entroido" probé do latin
" introitus"que significa entrada ou comezo
da primaveira, na zona norte de Galicia
utilízase antroido como en Lemos,e no sur 
entroido.Esta festa se celebra estre os meses
de febreiro e marzo,coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma.
Parte da filosofía que rodea as festas do entroido inclúe a idea de comer e beber ben e ata encherse, sendo outra das facetas da idea de exceso e provocación destas festas.
Durante as festas tómanse grandes cantidades dos tradicionais chourizos, lacóns e cachuchas. As andollas e o caldo non faltan tampouco na maioría dos fogares xa que fan falta para repoñer as forzas de toda a foliada destes días.
Tamén nestas datas elabóranse sobremesas especiais como son as orellas e as filloas, que son os platos máis típicos do entroido.