No Solpor da Prehistoria

 

            Os habitantes de Baroña crían que era a fin da prehistoria e que o mundo se ía acabar.. eles queria viaxar a outras cidades e coñecer alguns lugare novos. Foron a Irlanda onde eles pensaban que todo era diferente.

Os irlandeses tan ben crían que era a fin da prehistoria e eles pensaban que ese problema se solucionaba matando persoas que fóran estranxeiras.

Eles encontráronse cos Baroñeses e os ataron e metéronos nunha camara, xa que eles pensaban que cos raios do sol os Baroñeses se podrerían queimar.

Os baroñeses liberáronse sen moito esforzo e crearon a paz entre si e todos xuntos comeron nun comedor enorme; pero unha muller se separa do grupo co seus fillos en busca do seu home do que a arredaran cando era nova. Cando chegaron el a recibiu con moito entusiasmo e lle presentou a súa esposa actual e aos fillos que tivo con ela.

Os seus fillos foro en busca de guerra, pois eles querian a igualdade para todos, pois dician que os ricos tiñan todo e os pobres non.

Eles reuniron un grupo de persoas para  atacar os irlandeses pero como non entendian a súa lingua, atacaron, e uns e outros sairon do pobo e quedaron eles sós.    

Katherine Pinales Espinal 2C