Ola amiga!
Que vas facer este verán? Teño unha proposta que che vai gustar.
Trátase dun campamento de verán que se fará de 1 ao 10 de Xuño en Ribadeo.
Incluso podería vir a túa irmá, porque aceptan a nenos de 10 a 14 anos.
Temos que ir Noe, vai ser xenial!
Estívenme informando e polo que di esta páxina faremos xogos de animación , deportivos , excursións , teatro , baile , cine , traballos manuais , será moi participativo , entretido e non sexista. Vai ser un verán incrible , estou segura de que sí . Tes que convencer a os teus pais , asegúroche que non te vas arrepentir.
Eu xa falei cos meus pais e os convencín. Costoume moito porque o prezo paréceme moi caro, pero ao final conseguino.
Ese é o problema, o prezo: Son 300 euros por participante, pero penso que se lle explicas todo aos teus pais, accederán.
Fala con eles, e xa me dirás , canto antes mellor ,pois teño que cubrir os papeis pola Internet,e envialos.
Cóidate moitísimo e espero a túa resposta.
Bicos , Andrea .