O 31 de Decembro, un dos días do ano máis felices para as familias, aínda que todo iso cambiará a partir desta noite.
Antes da 12 da noite, a xente pensa que lle deparará o ano novo; cando eran as doce menos cuarto, todas as persoas foron coller as uvas para tomalas, pero... xa non estaban, desapareceron todas! Todos sairon as rúas para ver se lles pasou a mesma cousa aos demais ; ainda que a sorpresa non foi esa, senon que había unha morea de seres pequenos, verdes e con orellas vermellas a xogo coas súas botiñas, é dicir, uns trasniños que ademais levaban nas súas mans uvas de ouro.
Todo o mundo quedou ca boca aberta, non sabían que facer ,se quedar onde estaban, ou collerllas; decidiron preguntarlles aos trasniños, se lle daban uns racimos; ainda que tiñan moitas ganas de collerllas.
Trasniños: Non!!!
Persoas: Pero porque? só serian dous ou tres racimos para todos.
Trasniños: Porque se as tomades, dariavos unha forza inmensa, imposible de controlar;algo que non se pode describir con palabras.
De pronto dixo un xoven cos ollos marróns, co pelo castaño, e con vestimentas rasgadas.
Xoven: Ou nolas dades, ou colleremolas pola forza.
Trasniños: Pois... pola forza!
Os trasniños empezaron a loitar para defender o que era deles;en realidade non impoñian moito, asta daban un pouco de graza, pero tiñan moita forza.Entón todos se enzarzaron nunha loita para conseguilas.
Pero os nenos empezaron a chorar, porque non querían ver aos seus pais asi; miraronos e enton pararon de pelexar, o xoven das persoas comezou a falar:
Lider: Perdón, cegounos a avaricia.
Elfos: Non pasa nada, faremos maxia e xa teredes as uvas listas.
Lider: Grazas.
Todos volveron as súas casas, os elfos desapareceron nun instante.
Partir de aquí todos comprendemos o que é o nadal.