Entroido



É unha festa popular con indicación da fin do inverno e comezo da primavera. Ten rituais cristiáns e pagáns. É a época na que se poden romper tódalas normas, mudar a personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. Estamos diante da festa máis irreverente. Por eso, na época franquista estivo prohibido.Mantívose vivo nas aldeas.

Os entroidos máis sonados do País son os ourensáns: Laza, Verín e Xinzo convértense, por uns días, nas capitais de Galicia. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos turistas e das xentes destes lugares. Hai quen di que proceden dos cobradores de trabucos dos condes de Monterrei, que tiñan unha zamarra coa que castigaban aos morosos. Outros estudosos do tema viron neles unha orixe moito máis antiga: asociacións primitivas, ritos sagrados ou unha evolución de vellas cerimonias tribais da época prehistórica.

Son figuras destacadas do Entroido galego os "Xenerais" da Ulla (Boqueixón, Vedra, A Estrada, Vila de Cruces, Silleda...), as "Pantallas" que, desde o domingo Corredoiro, percorren Xinzo, os "Boteiros" e "Folións" en Viana do Bolo, as máscaras traballadas dos "Volantes" en Chantada, edemáis dos xa coñecidos "Cigarróns" de Laza e Verín, sinais desta festa que se pechará o martes de Entroido, anque nalgúns lugares, chega ao Mércores de Cinza coa queima do Momo e o Meco ou o enterro do Ravachol en Pontevedra.

É tamén tempo para a diversión e o bo xantar... porque outra compoñente importantísima do Entroido galego é a gastronomía: o lacón con grelos como prato forte, acompañado de doces como as orellas ou as filloas, son comidas típicas destas festas.