Estabamos preparando a mesa e de súpeto, o pavo comezou a falar!
-Pavo: Non, por favor, non me cortedes! .Eu tamén son un ser vivo coma vós, por que tedes esa tradición de comer aos pobres pavos? aos da miña especie, por favor deixádeme vivo.
Entón todos nos quedamos coa boca aberta e só se nós ocorreu dicirlle que non o íamos trocear, nin a comer e que se quería quedar a cear con nós.
-Pavo: Acepto encantado (dixo cun sorriso na cara) .
Todos empezamos a cear con gambóns , turróns e polvoróns e cando acabamos de cear xa faltaba pouco para as doce, e un pouco máis tarde por fin soaba a primeira campanada e todos xuntos co pavo incluído empezamos a contar ata doce, cando xa acabamos de tomar as uvas nos desexamos a todos feliz ano novo e brindamos con champán.
Cando acabamos de felicitarnos o pavo nos dixo que volvería cada Noitevella para poder recordar a esta familia que non o quixo comer e índa encima pudo cear con eles, e nos recordou que non comeramos aos pobres pavos nunca máis, nós prometémosllo e ese día non o olvidamos nunca e así cada Noitevella puidemos ver ao pavo para tomar as uvas e desexarlle feliz ano novo.
Jonathan Iglesias,2º B
