Ola!
Que tal? Estou desexando que veñas ao meu barrio porque a min gústame
moito, a ti me imaxino que tamén.
Cando vou para o instituto vexo un mercado, unhas árbores, unhas bonitas fontes
que é onde quedo cos meus amigos, ao lado hai un parque moi bonito onde xogan os nenos pequenos.
Tamén hai supermercados ,alí compramos a comida os do barrio, temos unha chea de bares e tamén un Centro Cívico, é o punto de encontro da mocidade e a xente maior pasa moito tempo alí, porque teñen moitas actividades para facer cos seus amigos como: xogar as cartas, ler revistas, votar unha partida ao domino... Xusto á sua beira hai unha biblioteca enorme con moitisímos librose de todas as clases: de acción, de aventuras, policiacas, de amor, de animales, de historia, do mundo, atlas, periodicos...
Temos tamén dous colexios de primaria e outros dous de secundaria,varios aparcadoiros,moitos contedores organicos, de papel, de vidro e de envases. Hai rúas peonís que cando queren os maiores pasean con tranquilidade cos seus fillos ou netos, campos de fútbol onde adestrar ou xogan, tamén temos un centro de saúde, quioscos para comprar a prensa e igrexas para os crentes.
Este é o meu barrio. Gústache?
Vén cando queiras.
Erik Soriano Seoane