Son eu mesma cando tiña 14 anos, no ano 2012. Ti xa non te acordas cando chegamos a segundo da eso, nos non coñeciamos a ninguén pero ao longo do curso fumos facendo amistades e moi bos amigos e amigas . Tamén seguro que xa non te acordas das profesoras pero eu che conto...
No primeiro trimestre non me levaba ben coa profesora de sociais porque non coincidiamos nas nosas ideas pero co paso do tempo conxeniamos ben e eu creo que non tiñamos ningún problema unha coa outra. Eu estaba preocupada por sacar boas notas e no primeiro trimestre suspendín unha que é naturais eu creo que o podía haber aprobado pero non me esforcei moito, no segundo trimestre aprobei todo e agora no terceiro espero que tamén aprobe todas e ter o verán libre.
No terceiro trimestre acórdaste que que fumos de excursión a Fisterra con mediación? Eu si, e tamén me acordo do ben que nolo pasamos. En Fisterra fixen moitos amigos e moitos deles moi bos coma por exemplo: Cristina, Selene, Jorge, Eva... Tamén fun ao día da Ciencia na rúa co profesor de tecnoloxía que tamén era o meu tutor. Fumos pola mañá, déronnos de comer e nos fumos as oito da tarde. Paseino moi ben e esa excursión tamén me valiu para coñecer xente e proyectos novos. Foi unha experiencia inolvidable.
Agora volvendo as clases acórdome que o profesor de cidadanía que é Tello viramos duas películas. 'A vida e bella' e ' En busca da felicidad' pero a que mais me gustou foi A vida é bella porque un pai minte ao seu fillo para que non sufra e inventouse que o campo de concentracion era un xogo onde habia que chegar a 1000 puntos.
Pero o que mais me gustou deste curso foi que nas clases de Gallego había dous profesores e iso gústabame porque asi están mais pendentes de tí e axúdante máis. Gustoume moito ese curso porque todos os profesores axudaronme moito.