Ola Xavier! Pode parecerche incrible pero xa pasaron 9 meses dende que cheguei a 2 da ESO! E agora que xa vai rematar, vouche contar un pouco como me foi.
Ao comezar o primeiro trimestre pensei que todo iva a ser como en 1 da ESO xa que iva cos mesmos compañeiros e o único que cambiaba era a clase. Pero cando chegaron os profesores que nos tocaban este ano dinme conta de que non iva a ser así, estes profesores eran moito máis esixentes e custoume moito acostumbrarme. As notas non foron malas pero dinme conta de que se as quería mellorar iva a ter que organizarme máis, e propúxenme conseguilo. Tamén comezamos a xogar a liga interna de fútbol neste trimestre.
O segundo trimestre foi o máis duro de todos para min, xa que tivemos moito que estudiar, pero conseguín o meu propósito, organiceime mellor e conseguín sacar boas notas. Nese trimestre, tivemos a excursión a Jaca, que foi unha experiencia impresionante para min, alí aprendín a esquiar ( aínda que caín bastantes veces ) e disfrutei moito cos meus compañeiros no hotel que estivemos. O peor de excursión foi o regreso á clase e a estudiar.
Tamén tivemos neste trimestre a visita de Fernando Montoya, un xitano que nos explicou como terminou sacando a ESO e conseguindo un bo traballo a pesar de que cando era pequeno vivía nunha choza e non comezou no colexio ata os 10 anos e demostrounos que cando se loitas por algo pódelo conseguir. Ademais da visita de Fernando Montoya, tamén viñeron uns monitores que nos falaron sobre a violencia de xénero, os prototipos, as diferencias entre homes e mulleres, etc...E resultoume moi interesante!
O terceiro trimestre foi o que máis largo se me fixo, debe ser polas ganar que teño de acabar e estar de vacacións sin facer nada, sempre que aprobe todo ( espero que sí ). O mellor deste trimestre foi a excursións as Médulas que me sorprenderon moito porque eran como unha especie de montes de cor alaranxado. Tamén tivemos a visita dunha chica xitana que nos rematou de contar todo o que Fernando Montoya nos dixera e unha das cousas que máis me chamou a atención foi que os xitanos teñen un himno e unha bandera propias.
O profesor de cidadanía púxonos dúas películas moi bonitas que tiñan uns rasgos en común: ``En busca de la felicidad´´ e ``La vida es bella´´. As dúas películas tratan sobre un pai e un fillo que darían o que fora polo outro e aprendín que debíamos darlle importancia ao que normalmente pensamos que non é necesario. Tamén xogamos a final da liga interna de fútbol na conseguimos gañar 4-2 e proclamámonos campeones! Falando de fútbol, este ano o Deportivo subeu a primeira e tiñas que haber visto a festa que se montou en Catro Camiños, foi incrible!
En resumen, espero aprobar todas as asignaturas este curso para darlle unha alegría aos meus pais. E grazas ao que aprendín neste curso, que foi a organizarme eu mesmo, a atender moito mais en clase e a ``quitarme o pañal da cabeza´´ como di a nosa profe de galego, espero que o próximo curso tamén me vaia moi ben.
Sen mais que contarche, despídome de ti ata o curso que vén
Unha aperta David.