A reMEXER


No istmo que une o poboado ao castro escavouse un foxo de catro metros de ancho e tres de fondo que constitúe a primeira liña de defensa. A continuación hai unha muralla consistente en dous muros de cachotería case paralelos cun recheo de area e pedras.
A entrada ao interior consiste nunha rampla. A zona habitada estrutúrase en catro áreas. Fronte á porta da muralla hai construcións ovais con vestíbulo e outra que tamén puido ter sido unha forxa.
O sector seguinte está separado por un muro, que talvez servía para conter a terra, e pásase a el subindo unhas escaleiras, as mellor conservadas dos castros galegos. Distínguese un «barrio» de casas ben conservadas que delimita unha «praza» protexida do vento.