Os CaStRoS:

Ola amigos, quero falarovos dos castros tan bonitos que temos en Galicia, como: Borneiro(Bormeiro,A coruña),Baroña (Porto do son,A coruña)
            , Neixon(Boiro,A coruña),       Viladonga(Castro do rei,Lugo),
Santa tegra(A guardia, A coruña),   Castromao(Celanova,Ourense).

  A min o que máis me gusta é o de Baroña, porque desde que fun me interesaron moito os castros e decidin escribir todo ísto,  encontrei que: A cultura castrexa empezou na idade de ferro.Os castros non son exclusivos do Noroeste peninsular xa que existen en toda Europa.Os castros eran asentamentos con cabanas agrupadas e rodeados de muros e foxos para a defensa, estaban situados sobre outeiros estratexicos.
                                                                                                                                      


Tiñan moita imaxinación e creaban lendas arredor dos castros, nos que existirían tesouros agochados e gardados por serpes, encantos ou seres fantásticos. Estes tesouros serían deixados por mouros antes de marcharen do país,ou noutros pocos casos,por reis ou por seres da naturaleza mitica(ananos,xigantes,donas).

Tamen había varios obxetos como os machados,arracadas,torques,olas,puñais de atenas e fibulas.