Eu cando vin por primeira vez un castro foi cos meus pais pero era moi pequeno pra acordarme.En quinto de primaria eu fora a unha excurison e acordome que foramos a un castro un pouco illado da carretera e eu pensei que que seria un castro e o vin e pensei baia tonteria enton o guia empezou a contar a istoria dos castros e non estubo mal.
Os castros eran asentamentos con cabanas agrupadas e rodeadas de muros e
foxos para a defensa. Estaban situados sobre outeiros
estratéxicos.Estes poboados fortificados foron construídos a idade do
ferro e veñen ser as primeiras construcións coñecidas de habitación
permanente en Galicia.
Os castros soian ter unha soa entrada que tamen ten a funcion de impedir o paso.Nalgúns casos é un simple engrosamento nos remates da muralla; noutros,
un muro da muralla sobrepasa ao outro formando un corredor
estreito. Suponse que se fechaban con portas de madeira. As defensas
dos castros non parecen responder a necesidades bélicas senón de
prestixio e de delimitación simbólica do espazo habitado. De feito, son
poucas as armas que se teñen atopado. Ademais das defensas naturais,
atópanse estruturadas de diversos tipos.
