busca un título suxerente


“Baixo o luar do acantilado” de Annelies Schwarz é un libro que narra a vida de dous rapaces Lars e Sevim. 



A historia comenza cando o profesor dilles aos alumnos que non poderían ir todos a excursión de Cornualles e que un,  quedaríase fora. Por toda a clase oíanse os susurros dicindo que o numero 21 que ía quedar fora sería Lars. Cando o profesor nombrou o nome do rapaz,  Lars saiu espetado pola porta . Sevim, a súa noiva interpúxose no camino e el apartouna. Máis tarde deuse conta do erro que acaba de cometer. Cando xa estaba fora pensou donde podería ir; xa que a casa non,  pola bronca da súa nai. Así que decidiu ir cos seus amigos: Thomas e Markus . Non eran bos estudiantes xa que faltaban moito a clase e non eran moi boas influencia. Lars foi para casa e ao chegar veu unha nota da nai, onde lle dicía que non se preocupara que e que calentara a comida. Despois pola mañá quedouse en casa. A nai abreu o correo e viu unha carta que dicía que Lars non podería ir a excursión e enfadouse moito. Esa noite escribiulle unha carta a súa noiva, pedindo disculpas polo empuxón de pola maña e contándolle que se ía para a excursión polos seus métodos. Tamén lle escribiu a súa nai para contarlle que se ía a casa de Oskar durante unha semana. A primeira viaxe fíxona a Bremen-Bodmin en barco.  Foi en tren de Dover a Londres. Alí durmeu nun albergue. Á mañá seguinte foi en tren a Cornualles e parou a durmir nun cemiterio. Ao despertar  polas campás, veu un home que se fixaba nel. Lle preguntou se quería ir con él á súa casa e Lars díxolle que sí. Enterouse de que se chamaba Robert e fixeron moitas migas, pasando moito tempo xuntos. Cando ian para un pub,  viu á súa clase pola ventanilla,  pero agachouse. Mentras Robert divertíase no pub,  Lars decidiu buscar á súa clase e ao final encontrouna,  pero deuse conta de que Saim estaba con Sevim e Lars enoxouse. Ao día seguinte Lars encontrouse con Sevim pero non quixo ir con ela á granxa . O final o descubriredes se ledes o libro.

O libro gustoume bastante aínda que un pouco irreal porque non é normal que un mozo de catorce anos viaxe só á aventura, durmindo nun cemiterio sen abrigo, xa que puido haber morto. O que máis me gustou foi a historia entre Sevim e Lars e o que menos foi o comezo do libro que me pareceu un pouco aburrido, pero a medidas que seguías lendo, enganchábate máis.