Auria é unha nena de quince anos que está a vivir todos os cambios e os problemas que conleva a adoescencia. Unha tarde Auria atopóuse cun dos mestres do seu instituto que tamén era o cura da parroquia do pobo. Salvador, o cura, deulle unha noticia que a Auria íalle cambiar por completo. Salvador ofertoulle ir xunto con el e outros rapaces que rondaban a súa idade de viaxe ata Polonia nunha peregrinación có fin de reunirse moitos xovenes na procura de ver ó Papa.Auria vive coa súa nai e a súa avoa materna. É filla única e de nai solteira. Esta situación sempre fixo que Auria tivéselles arrepío a todos os mozos para non ter os mesmos problemas que tivo a súa nai.
Durante a longa viaxe por Europa , Auria e Frida fanse moi amigas e establecen uns lazos moi fortes entre elas que lles da a confianza que as dúas ven necesitan. Os pensamentos de Auria sobre os mozos comezan a ter un cambio importante cando comeza unha relación amorosa con Paio, un mozo de Ferrol. Outra das razóns é a inesperada relación amorosa que ten lugar entre a nai de Auria e Salvador o cura da parroquia.
Á volta da peregrinaxe Auria e Paio seguen en contacto e manteñen o seu noviazgo a pesar da distancia e os problemas que Auria comenzara a vivir. Unha tarde a moza le unha noticia nun xornal que a leva o suicidio...
Por suposto que recomendo este libro, é moi entretido e levadaro dende o comezo ata o final manténte intrigado e lévate a ler máis e máis. Está redactado dunha forma moi boa para que o poidamos entender sen problemas.